top of page
Aviso Legal e Condicións de Uso

ECOGOB – Colectivo polo Bo Goberno na Certificación Ecolóxica de Galicia (en diante, ECOGOB) pon a disposición das persoas usuarias esta información co obxectivo de dar cumprimento aos deberes establecidos pola normativa vixente e garantir un uso responsable dos contidos vinculados á iniciativa.

O acceso e/o uso deste espazo web, formulario ou calquera canle de difusión asociada implica a aceptación plena e sen reservas deste Aviso Legal.

1) Naturaleza da iniciativa

ECOGOB é un colectivo cidadán sen ánimo de lucro, orientado á promoción da transparencia institucional e do bo goberno no ámbito da certificación ecolóxica de Galicia. Non constitúe unha entidade pública nin unha entidade de certificación, nin representa oficialmente ao Craega nin a ningunha administración.

Os contidos difundidos pola iniciativa teñen carácter informativo e divulgativo, e non pretenden substituír información oficial emitida por organismos públicos ou resolucións xudiciais.

2) Responsabilidade sobre os contidos

ECOGOB comprométese a revisar a información publicada e a incorporar fontes verificables sempre que sexa posible. Con todo:

  • Non se garante a ausencia de erros ou actualización permanente dos contidos.

  • As opinións expresadas pertencen ás persoas ou colectivos que as formulen e non constitúen asesoramento xurídico, administrativo nin profesional.

  • ECOGOB non se fai responsable do uso que terceiras persoas poidan facer da información difundida.

 

3) Protección de Datos Persoais

ECOGOB garante o tratamento dos datos persoais conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).

Responsable do tratamento: ECOGOB – Colectivo polo Bo Goberno na Certificación Ecolóxica de Galicia
Email de contacto para exercicio de dereitos: colectivoecogob@gmail.com

Os datos proporcionados polas persoas adheridas serán tratados exclusivamente para:

  1. Xestionar a súa adhesión á iniciativa.

  2. Informar sobre actualizacións ou accións vinculadas ao obxecto da mesma.

  3. Mostrar publicamente o nome da persoa ou entidade só se esta autorizou expresamente esa publicación.

Os datos non serán cedidos a terceiros salvo obriga legal ou consentimento explícito da persoa interesada.

As persoas titulares poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidade e revogación do consentimento mediante solicitude ao correo de contacto.

4) Propiedade intelectual

Salvo indicación expresa, os contidos elaborados por ECOGOB difúndense baixo licenza:

 

Licenza Creative Commons BY-NC-SA
(Recoñecemento – Non comercial – Compartir igual)

Permítese a reprodución e difusión mencionando a autoría e a iniciativa, sempre sen uso comercial nin manipulación que implique atribucións falsas.

5) Enlaces externos

Os contidos poden incluír ligazóns a medios de comunicación, boletíns oficiais ou outras fontes públicas. ECOGOB non é responsable de:

  • información publicada en sitios externos

  • cambios posteriores nos contidos orixinais

  • opinións expresadas por terceiros

6) Modificacións do Aviso Legal

ECOGOB poderá modificar este Aviso Legal para manter a súa adecuación normativa, recomendándose a revisión periódica do mesmo.

7) Limitación de responsabilidade sobre os contidos

A información relativa ao Craega e a outras institucións procede de fontes públicas (medios de comunicación, boletíns oficiais, actas plenarias, etc.) e pode non recoller a totalidade das versións ou posicións existentes. ECOGOB comprométese a corrixir calquera erro ou omisión que lle sexa comunicado e debidamente acreditado.

8) Lei aplicable e foro

Este Aviso interprétase baixo a lexislación española e europea aplicable.
Para calquera controversia relativa ao uso desta iniciativa, e na medida en que sexa posible, as partes comprométense preferentemente ao diálogo e resolución extraxudicial.

bottom of page