Sobre nós
ECOGOB – Colectivo polo Bo Goberno na Certificación Ecolóxica de Galicia é unha iniciativa aberta de produtoras e produtores ecolóxicos, persoal técnico, entidades, persoas consumidoras e cidadanía en xeral que defenden un sistema de certificación transparente, rigoroso e claramente orientado ao interese público.
O colectivo xorde ao fío do debate aberto polo traslado da sede do Craega de Monforte de Lemos a Lugo e pola decisión de adquirir un inmoble mediante investimento con cargo a fondos públicos, nun contexto no que tamén se teñen producido incidencias laborais e resolucións xudiciais favorables ao persoal do organismo. Todo isto esperta dúbidas sobre o impacto económico para os operadores certificados, sobre o funcionamento interno do Consello Regulador e sobre a confianza xeral no sistema público de certificación ecolóxica.
Ante esta situación, un grupo de persoas decidiu organizarse para facilitar información contrastada, promover máis claridade institucional e contribuír a que o conxunto do sector ecolóxico galego —xunto coa cidadanía que confía no selo— poida coñecer mellor as decisións que se toman e participar activamente na defensa dun modelo de gobernanza responsable.
A túa participación é importante. Súmate á iniciativa!
Para contactar connosco, podes escribir ao seguinte enderezo de correo: colectivoecogob@gmail.com
A Iniciativa
Cando unha decisión afecta a todo o sector ecolóxico galego... a cidadanía está chamada a participar
Un investimento inmobiliario pagado entre todas/os?
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), o organismo responsable do sistema público de certificación ecolóxica, leva asentado en Monforte de Lemos desde a súa creación, desenvolvendo alí toda a súa actividade coa colaboración do Concello, que cedeu as instalacións necesarias para o seu funcionamento. Esta vinculación histórica fixo que o Consello Regulador formase parte da vida institucional, económica e social da comarca durante décadas.
Por iso sorprendeu especialmente que, entre marzo e abril de 2024, diversos medios de comunicación galegos recollesen que o Craega acordara o traslado da súa sede desde Monforte de Lemos á cidade de Lugo. A devandita cobertura informativa sinala que esta decisión xerou debate social e institucional, especialmente tras difundirse que o Craega puido ter dispoñible algunha alternativa para manter a súa sede en Monforte de Lemos sen custes asociados, optando finalmente pola adquisición dun inmoble en Lugo mediante investimento público. Dado que esta información procede de publicacións xornalísticas, considérase relevante poder contrastala mediante datos oficiais.
É importante lembrar que as boas prácticas que se aplican a organismos públicos e entidades certificadoras financiadas con taxas obrigan a que a súa economía funcione con equilibrio: é dicir, que os ingresos sirvan simplemente para cubrir o custo real do servizo, sen xerar beneficios nin acumular patrimonio innecesario. Por iso non adoita considerarse normal que se destinen fondos a mercar inmobles ou realizar investimentos inmobiliarios permanentes, xa que este tipo de operacións non forman parte das funcións propias dun organismo que ten como misión garantir a certificación e o control dun produto de interese público.
Non estamos a pedir nada que non se aplique xa noutras corporacións de dereito público que xestionan recursos colectivos. Neses casos, mesmo cando a compravenda de inmobles non se somete ao procedemento estrito da contratación pública, si se esixe que a operación estea motivada e xustificada por escrito, con constancia documental e revisión xurídica, garantindo transparencia, racionalidade económica e control interno. Así mesmo, a doutrina xudicial europea e estatal ten reiterado que os organismos creados para executar funcións públicas deben aplicar os principios de publicidade, transparencia, igualdade e concorrencia, propios da contratación pública, aínda que formalmente se trate de contratos patrimoniais.
Polo tanto, cando unha entidade pública ou corporación de dereito público xestiona fondos de natureza pública e toma decisións patrimoniais relevantes, non pode facelo sen un expediente completo, motivado e debidamente fiscalizado. Estes estándares son comúns no sector público e constitúen unha garantía básica de bo goberno.
Un gasto que pode ter impacto directo nos/as produtores/as certificados/as
Como a compra do inmoble e o traslado da sede implican un investimento realizado con fondos públicos, resulta razoable pedir información clara e verificable que axude a comprender o alcance real desta operación. En particular, considérase importante coñecer:
-
o custo total do proceso, incluíndo a adquisición, reforma e equipamento da nova sede en Lugo, así como os gastos asociados ao traslado;
-
se esta decisión repercute ou pode repercutir nos custes de certificación que as produtoras e produtores ecolóxicos teñen que asumir cada ano;
-
e se chegaron a estudarse alternativas sen custo público en Monforte de Lemos, así como os criterios técnicos e económicos utilizados para descartar ou priorizar unhas opcións fronte a outras.
O traslado e o seu custo humano para o persoal do Craega
O proceso de cambio de sede non só xerou debate institucional, senón tamén unha situación laboral complexa para parte do persoal con posto en Monforte de Lemos.
Segundo recollen diferentes medios de comunicación, adoptáronse decisións individuais diversas: algunhas persoas aceptaron o traslado, outras optaron por extinguir a súa relación laboral e outras recorreron á vía xudicial. De feito, en novembro de 2025 transcendeu que dúas sentenzas do Xulgado do Social de Lugo non consideraron acreditadas as causas organizativas alegadas para determinadas modificacións de posto, ordenando a reincorporación do persoal demandante ao centro de Monforte de Lemos. Polo que se coñece publicamente, aínda existen procedementos pendentes de resolución.
Este escenario tivo —e pode seguir tendo— un impacto humano significativo. O persoal afectado ten as súas vidas asentadas en Monforte de Lemos: familias, fillos e fillas escolarizados, redes sociais e de apoio, amizades, responsabilidades de coidados ou tratamentos médicos de referencia. Para estas persoas, un traslado forzoso non é só un cambio profesional, senón unha alteración profunda das súas condicións de vida, con posibles consecuencias persoais, económicas e emocionais moi relevantes.
Súmate!
Para poder coñecer con exactitude que ocorreu e cal é a situación real, estase a promover unha petición colectiva dirixida ao Craega coa fin de solicitar información oficial, completa e accesible.
Se compartes a importancia de que estas decisións se expliquen con transparencia e de que o sector e a cidadanía poidan acceder a datos claros, podes apoiar a iniciativa a continuación.
Comparte!
Total Apoios
Estas son, na actualidade, as persoas e entidades que xa apoian a iniciativa:
BLOG
Apoios Públicos
Os apoios son confienciais pero se queres que o teu nome apareza nesta lista, é necesario indicalo expresamente no momento de adherirte á iniciativa, marcando a opción correspondente no formulario. Só se mostrarán os nomes das persoas ou entidades que teñan autorizado de maneira clara a súa publicación.
Grazas por formar parte deste colectivo e por contribuír a fortalecer a certificación ecolóxica en Galicia.
Marta Álvarez - Monterroso
Belen Santamaria - Santiago de Compostela
Manuel Paredes - A Baña
Antía Rodríguez - O Saviñao
Raúl Fernández - Monforte de Lemos
Xan Pouliquen - Lugo
Cristina Rodríguez - Abeleda
Alejandro Balbona - A Teixeira
Flor Rodríguez - Monforte de Lemos
Rosa González - Noia
Anxo Santamaría - Meaño
Xerardo Casal - Lugo
María Rosario Soto - Vilagarcía de Arousa
Carlos Suárez - San Clodio Ribas de Sil
Casa da Fonte - Pantón
Jose Maria Cófreces - Tronceda
Genoveva Caeiro - Lugo
Susana Amaro - Monforte de Lemos
Adelina Paz - Santiago de Compostela
Francisco Cerdeira - O Temple
Guillermo Fernández - Vilagarcía de Arousa
Galuriña - Muros
Nerea Santamaría - Meaño
Daniel Robatto - Vilagarcia de Arousa
Francisco Paz - Cee
Teresa Aguarón - A Coruña
Juan Ramón Díaz - Sober
Maria Placer Vázquez- Meaño
Antonio Pérez - Vigo
Luis Buitrón - Monforte De Lemos
Ruth Fernández - Monforte de Lemos
Xaquín Rubido - Pontevedra
Xosé Carral - Chantada
Rosana Iris Román - A Coruña
Montserrat Rodriguez - Monforte de Lemos
Alberto Loureiro - San Cibrao das Viñas
Ana Pires - A Coruña
Elena Sarabia - Monforte de Lemos
Saúl Santim - Lugo
Pedro Alonso - Tominho
Begoña López - Valdoviño
Miguel Ángel Uribe - Monforte de Lemos
Lucía Villaverde - Moraña
Cristobal Lourido - Caldas de Reis
Jacqueline Prieto - A Coruña
José Ramòn Cedeira - A Coruña
Silvia Portas - Ponte Caldelas
Xan Daniel García - Santiago de Compostela
Iván Martínez - Caldas de reis
María José Pérez - Cee
Eva González - Fisterra
Isabel Rodriguez - Vigo
Belén González - Fisterra
Luis Lozano - Monforte de Lemos
Mar González - Fisterra
Francisco Miranda - Cangas do Morrazo
Luis Jesús Pérez - Vigo
Hugo Martínez - Tomiño
Esther Sanmartín - Sarria
María Belén Castro - Vigo
Javier Lapido - Arzúa
Luis Taboada - Castro Caldelas
Javier Novoa - Monforte de Lemos
Laura Ónega - Lugo
Xosé Mariño - Lugo
Mercedes Touzón - Vilaboa
Franc Gorriz - Vigo
Prisilla Regueiro - Vigo
Luis Jesús Pérez - Vigo
Eusebio Rodrigo - Monforte de Lemos
Roberto Vázquez - Ferrol
M. Ángeles Fernández - Ferrol
Xose Lois Currás - Santiago de Compostela
Ana Rosa Vigo - Fisterra
Jesús Ramos - Lugo
Paio Gil - Tirán/ Moaña
Beatriz González - Santiago de Compostela
Vanessa Pérez - Ribeira
Mónica Iglesias - Santiago de Compostela
Angela Chenlo - Santiago De Compostela
Paloma Fernández - Vilagarcía de Arousa
Enrique Gil - Moaña
Héctor Medina - Padrón
Jose Domínguez - Vilagarcía de Arousa
Margot Pardo de Vera - Lugo
Teresa Sanchiz - Vigo
Cristina García - Brión
Sergio Otero - A Coruña
Miguel Ángel Acuña - Santiago de Compostela
Ana Patricia Veira - Santiago de Compostela
Luis Domínguez - Dena
Francisco Javier Sevilla - Zamora
Milhulloa S.Coop.Galega - Palas de Rei
Helena González - Vigo
Jose Piedra - Santiago de Compostela
Ángel Montero - Pontevedra
Miguel Duarte - Teo
Abraham Rubín - Allariz
Jose Antonio Iborra - La Eliana
Xesús Graña - Pontevedra
Ecogalletas - Padrón
Ana Rodríguez - Vigo
Aurea González - Pontevedra
Enrique Del Río - Padrón
Artur Igrexas - Compostela
Belén Quintáns - Ames
Nazaret Castro - Santiago de Compostela
Luis Oliva - Sober
Marcos Ares - Teo
Marta Ribá - Milladoiro
Diego Pérez - Madrid
A hora da Avoa - Redondela
Sandra Álvarez - Redondela
Daiqui S.C Galega - Rairiz de Veiga
Pereimos 2007 S.L. - Santiago de Compostela
Rosa Villaver - Marcelle
Francisco Javier Martínez - Vigo
Abel Rodríguez - Marcelle
Elidosio Martínez - Mos
Javier Martínez - Santiago de Compostela
Mar Pérez Fra - Friol
Pilar Castro - Arzúa
Concepción Mogo - Santiago de Compostela
José Mariño - Monforte De Lemos
Begoña Insua - Bueu
Manuel José Carral - O Saviñao
Euro Andean Trading SL - Chantada
Miguel Ángel Navarro - Vedra
Víctor Neira - - Santiago de Compostela
O Alcouve da Moura SCG - O Rosal
Juan Carlos Morales - Vigo
Luis Iglesia - A Coruña
Ruth Ramírez - O Barco De Valdeorras
Algas La Patrona - Vilagarcía de Arousa
Ángela Pérez - Vigo
Ricardo Montañés - Ramirás
Eco Horta millarada S.C. - Arteixo
Marta Pérez - Lugo
A tenda do avó - Redondela
Óscar Martínez - Monforte de Lemos
Lamas Abelleira S.C. - Entrimo
Pablo Campos - Rairiz de Veiga
Adegas Docampo Gacio C.B. - Biobra
Manuel Docampo - O Barco
Rocío Rodriguez - Monforte de Lemos
Maritza Aguilar - Pontevedra
Alberto Palla - Muros
Abellamoura - As Pontes
Selene Sánchez - A Coruña
Jeimy Castro - Ourense
Julian Sio - Mos
Álvaro Buitrón - Monforte de Lemos
Transparencia: documentación dispoñible
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
8 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: Agricultura Ecolóxica compra un local para trasladar su sede a Lugo
Observación: O pleno do Craega aproba a compra dun local en Lugo para instalar a sede.
10 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: Tomé dice que la Xunta está detrás del traslado de Agricultura Ecolóxica
Observación: O alcalde de Monforte acusa á Xunta de promover o traslado da sede.
11 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: PP critica incapacidade de Tomé e ofrece colaboración para que Agricultura Ecolóxica siga en Monforte
Observación: O PP critica a xestión municipal e ofrece colaboración para manter a sede en Monforte.
11 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: Francisco López: «O único interesado en cedernos Tor foi Darío Campos»
Observación: O presidente de Agricultura Ecolóxica desmiente as afirmacións de Tomé.
12 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: Los cuatro municipios que pujaron por Agricultura Ecolóxica
Observación: Quiroga, Chantada, O Saviñao e Palas de Rei aspiraron a acoller a sede do Craega.
12 de marzo de 2024 – COPE
Titular: El posible traslado del CRAEGA a Lugo causa revuelo institucional en Monforte
Observación: O alcalde de Monforte e o presidente da Deputación fala de “intereses políticos” e “falta de información”
12 de marzo de 2024 – El Progreso
Titular: PP presentará iniciativas para mantener la sede del Craega en Monforte
Observación: Anúnciase a presentación de iniciativas políticas para intentar impedir o traslado.
14 de marzo de 2024 – EnComún
Titular: Polémica polo posible traslado da sede do Craega a Lugo
Observación: Recóllese preocupación social e institucional polo traslado.
15 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: La Xunta ofrece medios al Craega y pide a Tomé que mueva ficha
Observación: Medio Rural propón alternativas para manter a sede en Monforte.
15 de marzo de 2024 — Xunta de Galicia (Nota oficial)
Titular: A Xunta ofrece colaboración ao Craega para garantir a continuidade do servizo
Observación: Nota institucional sobre o proceso e a disposición ao diálogo.
15 de marzo de 2024 – El Progreso
Titular: El Craega no da marcha atrás y dejará el multiusos de Monforte
Observación: Confirma que o Consello Regulador seguirá adiante co traslado a Lugo.
27 de marzo de 2024 – La Voz de Galicia
Titular: Agricultura Ecolóxica abrirá la sede en Lugo a comienzos del próximo año
Observación: Anuncia a apertura da nova sede a comezos de 2025.
2 de abril de 2024 – El Progreso
Titular: El Craega compra por 180.000 euros el local del restaurante Tempo para su nueva sede
Observación: Detalla o custo e a localización exacta do novo inmoble en Lugo.
24 de maio de 2024 – COPE
Titular: El Craega completará el traslado a su nueva sede de Lugo a principios de año
Observación: O traslado completarase a inicios de 2025.
19 de agosto de 2025 – La Voz de Galicia
Titular: Agricultura Ecolóxica abre sede en Lugo y deja 3 técnicos en Monforte
Observación: A nova sede do Craega en Lugo entra en funcionamento e o persoal de Monforte redúcese a tres técnicos
11 de novembro de 2025 – El Progreso (Ribeira Sacra)
Titular: El Craega tendrá que devolver a Monforte a dos trabajadores de los que trasladó a Lugo
Observación: Primeira sentenza xudicial favorable ao persoal afectado.
11 de novembro de 2025 – La Voz de Galicia
Titular: El juzgado da la razón a dos trabajadores del Craega de Monforte y anula su traslado a Lugo
Observación: Publica a mesma resolución xudicial, con enfoque autonómico.
13 de novembro de 2025 - Europa Press
Observación: o Sindicato Labrego Galego alerta de que o conflito laboral no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pon en risco os obxectivos europeos de agricultura ecolóxica ao afectar o servizo esencial ao sector.
22 de novembro de 2025 - El Progreso
Titular: Crean una plataforma para exigir mayor transparencia en el Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia
Observación: Nace un colectivo cidadá que reclama máis transparencia e melloras na gobernanza do Craega.
25 de novembro de 2025 - El Progreso
Observación: o grupo parlamentario Bloque Nacionalista Galego leva o conflito do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia ao Parlamento e solicita o cese das persoas que autorizaron o traslado de persoal e sede.
14 de decembro de 2025 - La Voz de Galicia
Titular: Vocales de Agricultura Ecolóxica piden un pleno para debatir que se reabra la oficina de Monforte
Observación: O SLG defende que a continuidade da oficina de Monforte de Lemos é compatible coa nova sede que abriu o consejo regulador en Lugo
16 de decembro de 2025 - El Progreso
Titular: El Consello de Contas localiza varias alteraciones en las cuentas del Craega
Observación: Recóllese a información corresponde co informe de fiscalización financeira dos consellos reguladores [1632018-05]
19 de decembro de 2025 - el Progreso
Titular: El Craega defiende que el superávit de 2018 y 2019 redundó en los operadores
Observación: O Consello indica que os excedentes xerados neses exercicios foron destinados a beneficiar aos operadores, aínda que non se detallan nin os mecanismos concretos de distribución nin o impacto económico individualizado
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS:
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO 25 DE MARZO DO 2024 (Páxina 20)
DEPUTACIÓN DE LUGO:
SESION ORDINARIA DE 26 DE MARZO DE 2024 DA DEPUTACIÓN DE LUGO (páxina 34)
SESION ORDINARIA DE 30 DE ABRIL DE 2024 DA DEPUTACIÓN DE LUGO (páxina 10)
PARLAMENTO DE GALICIA:
Expediente: 12/POC-000040
Remisión contestación parlamentaria (páxina 135)
Expediente: 12/POC-006246
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA
Informe de fiscalización financeira dos consellos reguladores [1632018-05]
INFORME DE EXECUCIÓN 2023 - AGACAL
















