top of page


SETE ANOS DE CAMBIOS QUE ENCARECEN (ATA UN 75%) A CERTIFICACIÓN ECOLÓXICA EN GALICIA
Certificarse en ecolóxico en Galicia é hoxe máis caro ca hai sete anos non por unha evolución gradual nin por un efecto difuso da inflación, senón por decisións concretas incorporadas ao sistema de certificación ao longo do tempo. O encarecemento non se produce dun só golpe nin por unha única vía: chega en momentos distintos e afecta tanto ao custo de acceso ao sistema como ao mantemento anual da certificación. Esta evolución pode analizarse a partir das táboas de taxas publi


BENVIDO 2026. MÁIS INFORMACIÓN, MÁIS SECTOR
Nas últimas semanas, dende ECOGOB estamos a recibir moitas comunicacións privadas de persoas e entidades do sector ecolóxico galego. Produtoras, elaboradoras, tendas e consumidores que comparten preocupacións semellantes ás que deron lugar a esta iniciativa. Moitas delas amosan apoio explícito ao que se está a facer; outras expresan dúbidas, reservas ou simplemente prudencia. Hai algo que nos chama a atención: ese apoio silencioso convive cun certo temor a participar de manei


ECOGOB ACTIVA O DEREITO Á INFORMACIÓN SOBRE O CRAEGA
Cómpre comezar cun agradecemento claro. Grazas!!! Nada do que está a acontecer sería posible sen o apoio, a confianza e a implicación de persoas, entidades e operadores que decidiron non mirar para outro lado. Grazas a quen asinou, difundiu, preguntou, dubidou e tamén a quen, mesmo con reservas, decidiu escoitar. ECOGOB é unha iniciativa colectiva, e só medra porque moitas voces empurran na mesma dirección. Ese apoio permitiu dar un paso máis. Nos últimos días foron presentad


ANATOMÍA DO CRAEGA - PARTE III: MODELO FINANCEIRO
Nas dúas primeiras entregas desta serie analizamos dous piares fundamentais da estrutura do CRAEGA: o modelo de gobernanza e o modelo de transparencia. Na Parte I comprobamos que o Pleno como órgano de goberno nace cun desequilibrio estrutural entre sectores, cun bloque industrial maioritario na toma de decisións. Na Parte II mostramos que a información económico-institucional esencial non está dispoñible, o que impide avaliar como se executan as decisións adoptadas por ese


ANATOMÍA DO CRAEGA — PARTE II: MODELO DE TRANSPARENCIA
Na primeira entrega desta serie analizamos como está distribuído o poder dentro do CRAEGA e verificamos que a maioría industrial no Pleno condiciona estruturalmente a toma de decisións. Esa arquitectura institucional explica quen decide. Pero para entender como funciona realmente o organismo é necesario examinar unha segunda cuestión: que pode coñecer o sector e a cidadanía sobre esas decisións, a súa execución e a súa xestión interna?. É aquí onde entra o modelo informativo


ANATOMÍA DO CRAEGA - PARTE I: MODELO DE GOBERNANZA
O CRAEGA é a autoridade pública que determina quen pode comercializar alimentos como ecolóxicos en Galicia; sen o seu selo, ningún operador pode acceder ao mercado baixo esta denominación. Esta realidade afecta tanto a grandes industrias como a pequenas explotacións familiares. Sen embargo, a gobernanza do organismo non reflicte de maneira proporcionada o peso do sector produtor, que representa a maioría dos operadores certificados e que contribúe de forma esencial ao financi


GALICIA LIDERA O CUSTO DA CERTIFICACIÓN PÚBLICA ECOLÓXICA EN ESPAÑA
En Galicia, estar certificado como operador ecolóxico custa máis que na maior parte das comunidades de España que contan cun sistema público de certificación. Non se trata só dunha impresión estendida entre o sector galego; a análise comparada das tarifas autonómicas mostra que Galicia se sitúa de maneira consistente no tramo alto do custo estatal e que, cando se observan conxuntamente os perfís máis frecuentes —sector primario, operadores mixtos e empresas—, acaba encabezand


E AGORA? UNHA DECISIÓN E AS SÚAS CONSECUENCIAS
O traslado da sede do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) provocou desde o inicio dous impactos profundos: unha tensión interna no persoal afectado e un incremento significativo dos custos dunha operación cuxo alcance económico aínda non foi explicado publicamente. Ambos efectos apareceron en paralelo e condicionan hoxe o funcionamento dun organismo que opera cunha estrutura máis pequena, máis cara e máis tensionada que antes da decisión. A decisió


MÁIS DE 400.000 € ACUMULADOS E O CRAEGA DECLARABA EQUILIBRO CONTABLE: ONDE VAI O DIÑEIRO DA CERTIFICACIÓN ECOLÓXICA?
En apariencia, o CRAEGA —o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia— viviu os anos 2018 e 2019 cun equilibrio perfecto. Os seus documentos oficiais declararon ingresos e gastos iguais, resultados de cero euros e unha situación financeira estable. Esa era a fotografía pública transmitida polo organismo encargado de certificar a produción ecolóxica galega. Mais cando o Consello de Contas publicou a fiscalización correspondente a eses exercicios, o encaixe comezou


A NOVA SEDE DO CRAEGA EN LUGO: DUN RESTAURANTE DE ELITE A UN NEGOCIO INMOBILIARIO CHEO DE SOMBRAS
Quen pase hoxe pola rúa Carvalho Calero, en Lugo, verá movemento no interior dun amplo local recén reformado: xente traballando, trámites, actividade diaria. O que aínda non verá é un rótulo, nin a identificación oficial do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). A sede está en funcionamento, pero discreta, nun edificio situado fronte á Facultade de Veterinaria e coñecido durante anos por albergar o antigo Restaurante Tempo , un dos espazos máis singu
PREGUNTAS FRECUENTES
Que é ECOGOB? ECOGOB é unha iniciativa cidadá impulsada por persoas vinculadas ao sector ecolóxico galego que comparten unha preocupación común pola transparencia, a rendición de contas e o bo goberno na certificación ecolóxica pública en Galicia. Cal é o obxectivo de ECOGOB? O obxectivo é contribuír a un modelo de certificación ecolóxica pública máis transparente, máis comprensible para o sector e máis robusto desde o punto de vista institucional. A medio prazo, aspírase a q
bottom of page