SOBRE NÓS
ECOGOB – Colectivo polo Bo Goberno na Certificación Ecolóxica de Galicia é unha iniciativa aberta de produtoras e produtores ecolóxicos, persoal técnico, entidades, persoas consumidoras e cidadanía en xeral que defenden un sistema de certificación transparente, rigoroso e claramente orientado ao interese público.
O colectivo xorde ao fío do debate aberto polo traslado da sede do Craega de Monforte de Lemos a Lugo e pola decisión de adquirir un inmoble con investimento público, nun contexto no que tamén se teñen producido incidencias laborais e resolucións xudiciais que afectan ao persoal do organismo. Todo isto esperta dúbidas sobre o impacto económico para os operadores certificados, sobre o funcionamento interno do Consello Regulador e sobre a confianza xeral no sistema público de certificación ecolóxica.
Ante esta situación, un grupo de persoas decidiu organizarse para facilitar información contrastada, promover máis claridade institucional e contribuír a que o conxunto do sector ecolóxico galego —xunto coa cidadanía que confía no selo— poida coñecer mellor as decisións que se toman e participar activamente na defensa dun modelo de gobernanza responsable.
A túa participación é importante. Súmate á iniciativa!
Para contactar connosco, podes escribir ao seguinte enderezo de correo: colectivoecogob@gmail.com